BARROCO




ARTE BARROCA (XVII-XVIII)

INTRODUCIÓN

O Barroco xurdiu no século XVII na Roma dos papas, e dende alí estendeuse polo resto de Europa.
Os artistas consideráronse continuadores da antigüidade clásica (Grecia e Roma) e do Renacemento. Pero romperon as súas normas e crearon un estilo caracterizado pola novidade, o movemento, os contrastes, o gusto polo sorprendente e o teatral, e o desexo de provocar emoción.
Os clientes principais desta arte foron a Igrexa católica, que a usou para facer propaganda da súa doutrina fronte ao protestantismo; os monarcas absolutistas, que a utilizaron para manifestar o seu poder, e a burguesía enriquecida, que mostrou a través da arte o seu éxito económico e o seu modo de vida.

ARQUITECTURA

Características:
Os elementos arquitectónicos utilizados polo Barroco proceden da antigüidade clásica, pero úsanse de forma diferente: os muros e as plantas teñen gran movemento polo uso de liñas curvas; os soportes non respectan as proporcións das ordes clásicas e xorden outros como a columna “salomónica”, de fuste retorcido; os arcos son variados, os frontóns pártense, e as cubertas abovedadas gañan profundidade.
Os edificios principais foron as igrexas, que adoptaron ás veces plantas ovaladas, elípticas ou mixtilíneas (con mestura de curvas e rectas), e os palacios. Os exteriores e interiores destes edificios están cubertos con decoración.
Escolas arquitectónicas:
En Italia, os papas trataron de exaltar o papel de Roma como cabeza do catolicismo e as ideas da Contrarreforma. Para iso, contrataron a Gian Lorenzo Bernini, autor da columnata da prazade San Pedroe do Baldaquino de San Pedro (no Vaticano). Francesco Borromini, pola súa banda, edificou igrexas con gran movemento, como San Carlos alle Quattro FontaneSanto Ivo.
En Francia, o Barroco tivo un maior gusto pola liña recta e un menor recargamento decorativo. A obra principal foi o pazo de Versalles, encargado por Luís XIV a Mansart, o seu principal arquitecto.
En España, durante a primeira metade do século XVII matívose a austeridade decorativa do estilo herreriano (autor do mosteiro do Escorial, renacentista); as edificacións máis significativas levantáronse en Madrid, onde Gómez de Mora realizou o convento daEncarnación, a Praza Maiore o Concello. Na segunda metade do século XVII e principios do XVIII impúxose unha corrente decorativa representada polos irmáns Churriguera. Agora, os edificios recóbrense dunha rica ornamentación: destacan no século XVII as fachadas das catedrais de Granada e Xaén, e no século XVIII a Praza Maior de Salamancae a fachada doObradoiro da catedral de Santiago.
Galicia: no século XVII os fidalgos e o clero, grazas ás rendas do sistema foral, dispoñían de cartos para reformar ou construír pazos, igrexas e mosteiros. Por iso o barroco é, xunto co románico, un dos estilos máis importantes da arte galega, con grandes obras en dous períodos:
-          Barroco pleno: na segunda metade do século XVII  levouse a cabo unha gran reforma da catedral de Santiago (praza da Quintana, Obradoiro e Torre do Reloxo), e do mosteiro de San Martiño Pinario.
-          Barroco de placas: na primeira metade do século XVIII trabállase a pedra con xeometría, de xeito que se formen placas de volumes diferentes. As obras máis destacadas son a fachada do convento de Santa  Clarae a casa do Cabido de Santiagoe a casa do Concello de Lugo.

ESCULTURA E PINTURA

A escultura e a pintura barrocas tiveron en común o naturalismo; a expresividade; o movemento en actitudes e roupaxes; os contrastes de luces e sombras, e as composicións libres e complexas.
En ambos os dous casos, os temas foron relixiosos nos países católicos (éxtase, martirios e milagres de santos, inmaculadas concepcións), pero tamén abundaron os temas mitolóxicos, da vida cotiá da burguesía e das clases populares, e os retratos.
A pintura, mural ou ao óleo, distinguiuse pola importancia da cor, os contrastes de claroscuro e a busca da profundidade mediante a perspectiva aérea (técnica utilizada par conseguir a sensación de profundidade nun cadro, que consiste en intentar representar a atamosfera que envolve as figuras. Para conseguilo, esvaécese os contornos e as cores das figuras máis afastadas.) Nela, ademais dos temas xa citados, abundaron as paisaxes e os bodegóns.
Escolas escultóricas
En Italia destacou Gian Lorenzo Bernini, que realizou obras mitolóxicas, como Apolo e Dafne; de exaltación do papa, como a Tumba de Urbano VIII, e de temática contrarreformista, como a Éxtase de Santa Teresa.
En España, a escultura centrouse na talla de imaxes relixiosas e madeira policromada, caracterizadas polo realismo e expresividade. O seu destino principal foron os retablos, ou os pasos procesionais de Semana Santa encargados polas confrarías relixiosas.
Os principais centros da imaxinería barroca española foron Valladolid, con Gregorio Fernández; Sevilla, con Martínez Montañés, e Granada, con Alonso Cano.
Galicia: a escultura adquire tamén moita importancia ao ser necesario ornamentar os templos barrocos con coros e retablos, decorados estos últimos con columnas salomónicas (torsionadas) e estípites (troncos de pirámide invertidos usados como columnas). As obras máis destacadas son o coro da catedral de Lugo, o retablo de San Martiño Pinarioe o baldaquino da catedral de Santiago.
Escolas pictóricas
En Italia, o pintor máis destacado foi Caravaggio. As súas obras caracterízanse polo naturalismo dos personaxes e o tenebrismo, que consiste en contrastar zonas moi escuras con outras fortemente ilumninadas. Grazas a iso, as figuras dan unha gran sensación de volume, como sucede nas súas obras A vocación de San Mateoe na Conversión de San Paulo.
En Holanda, a figura principal da escola foi Rembrandt, pola súa mestría no claroscuro. Realizou retratos realistas, tanto individuais(autorretratos), como colectivos (Rolda de noiteLección de anatomíaOs síndicos do gremio de paneiros), escenas cotiás e algúns cadros relixiosos.
Flandres sobresaíu Rubens, cuxas composicións se caracterizan polo movemento, o dinamismo e o rico colorido, cado do Descendemento os As tres Grazas.O seu discípulo Van Dycktraballou en Inglaterra, onde realizou retratos de grande elegancia, como o de Carlos I de Inglaterra.
España
As principais escolas pictóricas localízanse en Valencia, Andalucía e Madrid. A esta última pertenceu Velázquez (aínda que se formou en Sevilla), un pintor singular.
Valencia: destacaron pintores tenebristas como Ribalta, que pintou a San Francisco abrazandoo Crucificado; e Ribera, que realizou obras como O martirio de San Felipee a Inmaculada Concepción.
Andalucía: sobresaíron Zurbarán, que pintou bodegóns e obras para as ordes relixiosas , como San Hugo no refectorio dos cartuxose moitos retratos (Santa Casilda, que as vestía con traxes luxosos). Murillo, que realizou obras de gran luminosidade e colorido, como Inmaculadas e Nenos comendo melóns e uvas.
Madrid: ademais de Diego Velázquez, pertenceron os retratistas Carreño de Miranda e ClaudioCoello, que destacou polos seus retratos e temas relixiosos.
VELÁZQUEZ

Diego Rodríguez de Silva y Velázquez (1599-1660) comezou a súa formación en Sevilla dentro do tenebrismo, realizando obras de forte iluminación e gran realismo como A vella fritindo ovos ou O augador de Sevilla. En 1623 trasladouse a Madrid, onde se converteu en pintor do rei FelipeIV e realizou os primeiros retratos dos reis e temas mitolóxicos, como O triunfo deBaco ou Os borrachos. En 1629 viaxou a Italia, alí pintou A forxa de Vulcanoe recibiu a influencia dos artistas italianos. Grazas a iso, abandonou o tenebrismo e adoptou un colorido de tonalidades verdosas e azuladas e unha luz máis natural. Ao seu regraso a Madrid en 1631, realizou retratos dos reis e dos bufóns, eo o cadro A rendición de Breda. Tras unha segunda viaxe a Italia (1649-1651), onde pintou dous lenzos da Vila Médicis, adquiriu unha gran maestría na técnica da perspectiva aérea. Nesta época pintou As Meninas, un retrato colectivo da familia real, e As fiandeiras, un cadro mitolóxico, que representa o castigo da tecedora Aracne pola deusa Palas Atenea.